2009/03/10

Sesion de traballos II

Bos dias.

Sesion de traballos II.
O domingo se lle meteu outra sesion de traballo o GTV.
Retirouse a instalacion electrica completa. Presenta bo estado, e non ten ñapas nin empates, agas os da radio e dous chismes que van nas portas que nunca os vira nun GTV. Semellan uns sensores dunha alarma.
Tamen se quitou o ultimo cacho da manta insonorizante. A que vai na mampara do motor, e incrible o que pesa.
Os fondos teñen boa pinta. Na esquina do embrague apareceu oxido superficial, dalgunha humidade.
Polo resto esta perfecto.
O mellor pra traballar na carroceria, e as cousas que se van facer e deixar todo ben pelado. Empezouse a retirar a capa de resina dos fondos interiores. Dandolle conha espatula forte, vai saindo. Da traballo, pero sae sen moito esforzo, as veces cachos grandes. O pero onde se xunta co masillete co que selan as xuntas entre chapas. Neses sitios habera que darlle cun cepillo radial.


Uns detalles da esquina do piloto.
No lado do copi, esta todo perfecto.
Pra a proxima sesion de traballo toca darlle a parte traseira dos asentos. Ali algo mesturouse coa capa bituminica, e esta ben jodida de sacar.
O proximo fin de seman, se todo vai ben, se traballara en monta-lo elevador, asi que pouco avance vai te-lo coche.

Salute

No hay comentarios:

Publicar un comentario